Marc
Demeyer, naceu en Avelgem, Flandes Occidental (Bélxica), o 19 de abril de 1950.
Faleceu sorprendentemente dun ataque ao corazón no descanso invernal entre unha
e outra tempada aos 31 anos o 20 de xaneiro de 1982 en Merelbeke (Bélxica).
Foi
un ciclista belga, tremendo rodador cun enorme físico e o gregario número uno
dos chamados “Tres Mosqueteiros” no chairo de Freddy Maertens, xunto a Michel
Pollentier.
Profesional
de 1972 a 1981 durante os cales gañou a 19ª etapa do Tour de Francia de 1978
entre Lausanne e Belfort e a 14º etapa entre Belfort e Évian lles Bains do Tour
de 1979. Tamén gañou a clasificación dos sprints intermedios dos Tours de 1973
e 1975, así como a París-Roubaix de 1976.
A
pesar que o ciclismo nunca termino de establecer un idilio coa sétima arte. Nin
a través dos seus grandes mitos, nin tampouco polos seus escenarios e a pesar
dalgúns intentos bastante ben estudados, pero incompletamente realizadas. Neste
sentido, A París-Roubaix ocupa un lugar de privilexio desde 1976 cando o
cineasta danés Jorgen Leth filmou aquela edición, nun documental de 111 minutos
que titulo, “Un Domingo no Inferno”, nunha edición que non foi a mellor desde o
punto de vista deportivo, xa que a choiva e o barro deron paso ao sol e ao po o
seu protagonismo para darlle a vitoria a un artista secundario como Marck
Demeyer que eclipsou a protagonistas como Roger De Vlaeminck, Eddy Merckx,
Freddy Maertens, Ole Ritter ou Francesco Moser.
Naquela
edición os catro ases da baralla
morderon o po, pero no cinema, xa se sabe, sempre queda mellor o
perdedor que o vencedor. Para Merckx pasara o seu tempo e pronto quedou
descolgado; Maertens caeuse; mentres De Vlaeminck e Moser aínda que o dan todo
cos seus ataques demostrando que eran os máis fortes sobre o pavé, perden no
sprint final do velódromo de Roubaix ante Marc Demeyer, que chupara roda
durante todo o tramo final.
TRIUNFOS:
1971, vencedor de dúas etapas da Vredeskoers e de dúas etapas da Carreira da
Paz.
1972,
vencedor da Warebem, da Faye lle France e do G. P. Isbergues.
1973,
vencedor do G. P. Denain e dunha etapa dos Catro días de Dunkerque.
1974,
vencedor da París-Bruxelas, do G. P. Cerami, do G. P. Escaut, dunha etapa dos
Catro Días de Dunkerque e da Boucles da Lys.
1975,
vencedor do Circuíto Costa Occidental, dunha etapa do Tour de Luxemburgo, dunha
etapa dos Catro días de Dunkerque, da Noreke Koerse e do G. P. Orchies.
1976,
vencedor da París-Roubaix e do G. P. Banque.
1977,
vencedor do G. P. Escaut, de dúas etapas do Xiro de Italia, do Circuíto de
Houtland, da Scheldeprijs Vlaanderen e do G. P. Fronteiras.
1978,
vencedor da Templeuve e dunha etapa do Tour de Francia.
1979,
vencedor da Frecha Cotiere, dunha etapa do Tour de Francia, dunha etapa da
Dauphiné Libéré, de dúas etapas da Midi Libre, de tres etapas dos Catro Días de
Dunkerque, dunha etapa da Semana Catalá, da De Kustpijl e dunha etapa da Volta
a Bélxica.
1980,
vencedor do G. P. Fronteiras, dunha etapa da Midi Libre e das Tres Provincias.
XIRO
DE ITALIA: 1977 (78º, máis dúas etapas)
TOUR
DE FRANCIA: 1973 (72º), 1974 (41º), 1975 (42º), 1976 (56º), 1978 (49º, máis
unha etapa) e 1979 (57º, máis unha etapa).
VOLTA
A ESPAÑA: 1977 (33º).
Outros
resultados dignos de mención: 1974, terceiro na París-Roubaix, 1975, terceiro
no Tour de Flandes, 1976, terceiro no Tour de Flandes, 1977, segundo na
París-Bruxelas, 1979, segundo no Tour de Flandes e terceiro no Campionato de
Zúric e 1980, segundo na París-Bruxelas.
EQUIPOS:
1972, Flandria-Beaulieu, 1973-1975, Fladria-Carpintero, 1976-1979,
Flandria-Velda, 1980, Ijsboerke-Warncke, 1981, Capri-Sonne y 1982
Splendor-Wickes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario